Detalls del llibre
Nunha viaxe polo vasto océano da memoria, Cris Pavón percorre diferentes camiños para rescatar aquelas lembranzas esquecidas que deixaron unha grande pegada nas súas personaxes. Nos cinco relatos que conforman ?Á busca da orixe perdida das especies? a autora reflexiona sobre un tempo agochado no fondo da consciencia. Se en ?Sara e os años? e en ?culler, culler, culler? remón- tase á infancia cos desacougos de frustrantes experiencias vividas no seo familiar, en ?Máquina de Proust? acada un tempo futuro no que os adiantos tecnolóxicos conseguen facilitar os máis arelados recordos ao xeito dunha memoria involuntaria. ?O pomo da porta do paraíso era unha castaña? reflicte o medo á perda da inocencia e un primeiro desengano que vai perdurar ao longo da existencia. E como maduro corolario que da nome a obra, en ?Á busca da orixe perdida das especies? xoga a establecer paralelismos entre a vida e pensamento do naturalista Charles Darwin e os do escritor Marcel Proust, ambos os dous fornecedores de claridade sobre a nosa condición humana, na que tempo e memoria xogan un papel crucial. Deixémonos mergullar nestes relatos onde a memoria, por fin, atopa o que buscaba.
Veure més - Enquadernació Butxaca
- Autor/s CRISTINA PAVON
- ISBN13 9788484872450
- ISBN10 8484872459
- Pàgines 91
- Col.lecció FORA DE SERIE
- Any Edició 2014
- Idioma Gallec
A BUSCA DA ORIXE PERDIDA DAS ESPECIES (Gallec)
- CRISTINA PAVON
- Editorial LAIOVENTO
- ISBN 9788484872450
9,50€
10,00€
-5%
Consulta disponibilitat
9,50€
10,00€
-5%
Consulta disponibilitat
Les nostres llibreteres poden consultar la seva disponibilitat i donar-te una estimació de quan estaria llest.
Gràcies per comprar a llibreries reals!