O esforzo admirable de escribir en galego no primeiro terzo do século XX só se afronta cun fondo convencemento do que se fai. «Ó meu distinto, verdadeiro amigo: inda mais: o meu bon hirmán spritual: [?] Galiza, este meu amoriño da terra? (estou a esquirbir en ?común?) e da sua fala, santamente doce, namoreira: sutil [?] Esquírbolle n-a miña léngoa nativa, por enterder mais gustoso iste troque [?] ¡Ah, meu bon irmán! Iste meu curazón galego non abrochará xamais en froitos castelans! Penso en galego, inda esquirbindo en cualquer outra léngoa! As miñas conceuciós, a miña y-alma! feitas istán co-ista benedecida terra [?]Sempre sua verdadeira amiga, que saudao agarimosamente»Francisca Herrera y GarridoA Real Academia Galega o 4 de marzo de 1945 comunicoulle oficialmente que fora designada membro numerario para ocupar a cadeira 037, que a convertería na primeira muller chamada a ingresar na devandita institución
Veure més