Detalls del llibre
Detrás de Baricco están os personaxes que crea, agora o nada convencional Mr Gwyn. Ademais deste personaxe, na novela hai un mangado de historias inesquecibles e unha reflexión fonda sobre a vida e sobre como vivila. Jasper Gwyn é escritor, reside en Londres e non hai dúbida ningunha de que se trata dun home que ama a vida. Así e todo, está a piques de deixar de escribir; mais a súa non é a crise que afecta os escritores sen inspiración. Quere cambiar de perspectiva, chegar á cerna das cousas. A súa cómplice é unha rapaza que, con devoción apaixonada, rexistra o que pouco a pouco se acaba por converter no misterio de Mr Gwyn. Alessandro Baricco penetra con paso seguro na simetría secreta desta historia, unha fábula contemporánea sobre a ineludible necesidade de vivir sen prescindir do asombro. Unha novela que, coma un haiku, nos sitúa perante o inenarrable.
Veure més - Autor/s Baricco, Alessandro
- ISBN13 9788498654684
- ISBN10 8498654688
- Pàgines 188
- Col.lecció BIBLIOTECA COMPOSTELA DE NARRATIVA EUROP
- Any Edició 2012
- Idioma Gallec
Mr gwyn
- Autor/a Alessandro Baricco
- Editorial GALAXIA
- ISBN 9788498654684
19,00€
20,00€
-5%
Enviament Gratuït
Consulta disponibilitat
19,00€
20,00€
-5%
Enviament Gratuït
Consulta disponibilitat
Les nostres llibreteres poden consultar la seva disponibilitat i donar-te una estimació de quan estaria llest.
Gràcies per comprar a llibreries reals!