Detalls del llibre
"Unha última carta" transpórtanos a unha pequena e fermosa illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar cun amable carteiro. Máis de 50 anos de servizo chegan ao seu fin nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible para todos. Empregando unha linguaxe poética e metafórica que xoga aos contrastes, Antonis Papatheodoulou presenta unha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficio de repartir cartas: o protagonista é un mensaxeiro vocacional, comprometido co valioso material que transporta na súa saca, cargada de afectos, recordos, boas e malas novasà As ilustracións completan e enriquecen o texto cun orixinal collage de imaxes relacionadas co gremio postal: sobres, selos, palabras manuscritas que trazan a forma dos personaxesà Cun estudado esquema cinematográfico, Iris Samartzi combina distintos tipos de planos, ata o extremo de situar a ollada dos lectores no interior do bolso do carteiro. Tamén se coida o aspecto cromático, cunha luminosa paleta na que predominan brancos, azuis, ocres, e coa que mesmo se plasma a carga simbólica de cada cor.
Veure més - Enquadernació Tapa dura
- Autor/s Papatheodoulou, Antonis
- ISBN13 9788484642718
- ISBN10 8484642712
- Pàgines 48
- Col.lecció Premio Compostela
- Idioma Gallec
Unha última carta (Gallec)
- Antonis Papatheodoulou
- Editorial KALANDRAKA
- ISBN 9788484642718
14,25€
15,00€
-5%
Consulta disponibilitat
14,25€
15,00€
-5%
Consulta disponibilitat
Les nostres llibreteres poden consultar la seva disponibilitat i donar-te una estimació de quan estaria llest.
Gràcies per comprar a llibreries reals!