Buch Details
«De súpeto, unhas mulleres guindaron pedras contra a casa do alcalde e, coma unha castaña sen picar no lume, estourou a rebelión. A irrupción da Infantería e Cabalería da Garda Civil desatou o pánico e comezaron caer corpos ao chan. Cachita liscou a fume de carozo. "Teño que ir, Lucía, pareceume ver a mamá!" Corrín atrás dela, subín ao faiado, apañei o meu prezado paraugas encarnado e tendinllo: "Terma, necesitarás algo para te defenderes".»En 1918 prodúcese na bisbarra de Ferrol a coñecida como «Revolta das pedradas», un movemento liderado por mulleres que protestaban pola alza do prezo da fariña e a escaseza de provisións. Como consecuencia da Gran Guerra, os comerciantes acaparaban produtos de primeira necesidade para vendelos fóra a un custe máis elevado e, o pouco que distribuían, tiña prezos prohibitivos. Fartas das restricións e da inacción das autoridades, as mulleres (labregas, panadeiras, obreiras) e os traballadores do arsenal organizaron comisións e convocaron folgas, manifestacións e asaltos a comercios para requisaren alimentos de primeira necesidade. Nese contexto convulso nace a amizade inquebrantable entre as nenas Lucía e Cachita. «Cachita, o paraugas e mais eu» é o terceiro título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.
Mehr sehen - Einband Hardcover
- Schriftsteller Aneiros, Rosa
- ISBN13 9788411104128
- ISBN10 8411104125
- Buchseiten 40
- Jahr der Ausgabe 2024
CACHITA O PARAUGAS E MAIS EU
- Rosa Aneiros
- Verlag XERAIS
- ISBN 9788411104128
15,15€
15,95€
-5%
Verfügbarkeit prüfen
15,15€
15,95€
-5%
Verfügbarkeit prüfen
Unsere Buchhändlerinnen können die Verfügbarkeit überprüfen und dir eine Schätzung geben, wann es fertig sein wird.
Vielen Dank für Ihren Einkauf in echten Buchhandlungen!