Book Details
Xavier Queipo, un dos narradores galegos que máis se ten prodigado na narrativa breve, celebra o seu 66 aniversario con esta colección de sesenta e seis relatos breves, aos que engade un limiar esclarecedor. A primeira parte do libro, «Relatos atópicos», recolle contos no sentido estrito, aínda que con sorpresas, «Gabinete de curiosidades» fai lembrar as prosas das súas entregas anteriores («Contornos», de 1993, e «Mundiños», de 1995), «Prosas finiseculares» é unha colección de fragmentos do seu diario na última década do século XX. Como xa acontecera en «55» (Xerais, 2014), este libro conforma un crisol de historias que pasean polo gume entre a realidade e a ficción, con moitas referencias eruditas e tamén con lembranzas de vidas que xa sucederon ou que aínda poderán suceder. Un Xavier Queipo en estado puro que explora a innovación temática e formal.
Read more - Binding Soft cover
- Author/s Queipo, Xavier
- ISBN13 9788411106962
- ISBN10 8411106969
- Pages 344
- Published 2025
Reviews and ratings
66
- By
- Xavier Queipo
- |
- Edicións Xerais (2025)
- 9788411106962



