Book Details
«A arte de escribir consiste en dicir moito con poucas palabras», afirmaba Chéjov, o pai do conto moderno. Un reto para quen crea e unha aventura para quen le. Nestes vinte e dous relatos de «Compostela» achegámonos á cidade dende diversas voces e olladas, mais tamén fuximos dela a arrabaldes de grandes urbes, a vilas pequenas ou a barrios con encanto. Neste paseo literario gozamos de voces consagradas no xénero e doutras que se inician, xeracións diferentes que dialogan nunha mesma lingua na que constrúen historias enraizadas en nós. Cada conto é mostra do gran momento literario do país, estas páxinas son un remuíño de bolboretas mergulladas na mesma luz, a da literatura galega. (Malores Villanueva)A cousa é que a nave foi. E con esta xa van tres... E esta, como di un amigo meu que canta moito e moi ben, «Partiu!». (Pedro Feijoo)
Read more - Binding Soft cover
- Author/s DEL CAÑO, XOSE MANUEL/VARIOS AUTORES
- ISBN13 9788411106979
- ISBN10 8411106977
- Pages 384
- Published 2025
Reviews and ratings
COMPOSTELA
Relato curto
Read more - By
- XOSE MANUEL/VARIOS AUTORES DEL CAÑO
- |
- Edicións Xerais (2025)
- 9788411106979



