Free shipping on orders of + €18. Buy now!
Jean-Paul Sartre said "Je refuse" to the Nobel Prize in an article published on this day in 1964. He did not want "to be institutionalized in either the West or the East."
Jean-Paul Sartre said "Je refuse" to the Nobel Prize in an article published on this day in 1964. He did not want "to be institutionalized in either the West or the East."
Rosalía de Castro. Antoloxía

Book Details

A figura de Rosalía de Castro é o mito máis relevante e universal da Galicia moderna, icona política, nacionalista, social, feminista, non ten máis lectura obxectiva que a dos seus textos, a súa verdadeira realidade. O presente volume recolle unha antoloxía da obra poética de Rosalía de Castro, preparada polo estudoso rosaliano Anxo Angueira e precedida dun limiar de X.L. Méndez Ferrín, e organizada arredor de sete ámbitos temáticos: Así en ?Terras de Rosalía?, incluíronse os poemas centrados na paisaxe e nas terras que máis e máis intensas páxinas encheron na obra da autora. ?Santos, campás e pecados? é o título que pretende recoller un conxunto de poemas certamente variados pero que, dalgún xeito, remiten ao feito relixioso, formal ou intimamente, e en moitos deles á transgresión dos seus preceptos. En ?Festas e fames? danse cabida a outro dos aspectos emblemáticos da obra da nosa autora que tamén cadra cun dos ideoloxemas do Rexurdimento: o compromiso social cos miserábeis. Logo, incluíronse dúas elexías, a célebre dedicada a Sir John Moore e a menos coñecida dedicada a Inés de Castro e a Luís de Camões, na que a nosa autora se desenvolve á perfección manexando os respectivos trasfondos líricos, históricos e políticos. En ?Sombras e soidades? ilústrase a voz poética rosaliana máis intimista, máis espida, e por veces dramaticamente esgazada e estarrecente, senlleira na poesía europea decimonónica. En ?Verba de muller? recóllense uns cantos poemas nos que a autora pon os ollos na situación especialmente dependente da muller no plano socio-político e mesmo no literario. Por último, en ?Pola dignidade nacional?, antológanse un conxunto de poemas nos que a nosa autora denuncia a situación social de miseria e emigración que padece Galicia acompañada, por veces, do canto nacional no que non faltan as críticas á situación política de desleixo e dependencia con respecto a España.
See more

  • ISBN13 9788497820721
  • ISBN10 849782072X
See more

Rosalía de Castro. Antoloxía

Rosalía de Castro. Antoloxía
29,92€ 31,50€ -5%
Shipping Free
Check availability
29,92€ 31,50€ -5%
Shipping Free
Check availability

Our booksellers can check its availability and give you an estimate of when it will be ready.

Free returns
Thank you for shopping at real bookstores!
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay

Exclusive promotions, discounts, and news in our newsletter

Talk to your bookseller
Do you need help finding a book?
Do you want a personal recommendation?

Whatsapp