Detalles del libro
A dramaturxia crea o manual de instrucións para o xogo do teatro. A dramaturxia compón as regras básicas do xogo. E nós, neste libro, imos xogar coas intrucións e as regras da dramaturxia de Roberto Vidal Bolaño. Un dos pioneiros do teatro profesional galego. Un teatreiro cunha obra en que destaca a fondura ideolóxica e humanista e en que, por riba de todo, destaca unha dimensión lúdica desprexuizada que é, en si mesma e ao longo de toda a súa produción, un canto á liberdade e á vida. Cómpre advertir que este libro non é apto para mentes puritanas ou que garden escrupulosamente o decoro do politicamente correcto. Vidal Bolaño emprega nas súas pezas unha linguaxe desenfadada, atrevida e libre de tabús, na que & x0201C;nada do humano lle é alleo& x0201D;, como dicía Santo Agostiño. Nas súa obra entra, abaneado pola peneira artística, o escatolóxico, o irreverente, o herético, o sacrílego, o inconfesable... todo aquilo que lle serve para fornecer revelación e rebeldía no xogo do teatro. Todo aquilo que nos pon en cuestión e alimenta unha mirada emancipada e crítica. Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro é un libro especialmente indicado para as profesoras e profesores de Bacharelato, Artes Escénicas, animadoras/es socioculturais e, sobre todo, para a xente nova e para aquelas persoas que decidisen non deixar de crecer nunca
Ver más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Becerra De Becerreá, Afonso
- ISBN13 9788484872290
- ISBN10 8484872297
- Páginas 191
- Colección COLECCION XERAL
- Año de Edición 2013
- Idioma Gallego
300.ROBERTO VIDAL BOLAÑO E O XOGO DO TEATRO (Gallego)
- Afonso Becerra De Becerreá
- Editorial LAIOVENTO
- ISBN 9788484872290
16,15€
17,00€
-5%
Consulta disponibilidad
16,15€
17,00€
-5%
Consulta disponibilidad
Nuestras libreras pueden consultar su disponibilidad y darte un estimado de cuándo estaría listo.
¡Gracias por comprar en librerías reales!