Detalles del libro
Na vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) do galego como lingua funcional culta, a Batalla de Montevideo é o capítulo máis rico, máis interesante e máis aleccionador. Librada no marco da VIIIª Conferencia Xeral da UNESCO (1954), celebrada na capital uruguaia datas, foi promovida polos grupos galeguistas do exilio interior (con Ramón Piñeiro como ideólogo e estratega) e os do exilio exterior (co compromiso e entusiasmo, en Buenos Aires, de Rodolfo Prada), a raíz da presentación dunha Denuncia en tres idiomas (galego, francés, inglés), na que poñían en coñecemento das delegacións de case cen países qué actividades culturais en lingua galega eran prohibidas daquela, recibida con desconcerto abraiado por Manuel Fraga Iribarne, daquela secretario da delgación española. O presente volume ofrece en facsímile a Denuncia trilingüe (unha alfaia da bibliografía galega) e outros textos, ademais de reproducir páxinas sobre a cuestión hoxe moi pouco coñecidas; un corpus textual e documental esencial e indispensable para coñece-la conflictividade política e cultural que suscitaba o idioma galego, nun tempo de miseria ?hai cincuenta anos- que urxía examinar e valorar.
Ver más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Alonso Montero, Xesús
- ISBN13 9788497820363
- ISBN10 8497820363
- Páginas 232
- Año de Edición 2003
- Idioma Gallego
A batalla de Montevideo
- Xesús Alonso Montero
- Editorial XERAIS
- ISBN 9788497820363
19,90€
20,95€
-5%
Envío Gratis
Consulta disponibilidad
19,90€
20,95€
-5%
Envío Gratis
Consulta disponibilidad
Nuestras libreras pueden consultar su disponibilidad y darte un estimado de cuándo estaría listo.
¡Gracias por comprar en librerías reales!