Detalles del libro
Os ensaios reunidos no presente volume teñen como intención exaltar a actualidade inactual, é dicir, en termos nietszcheanos, "intempestiva" das ideas, dos valores, dos mitos e dos soños surrealistas, e, sobre todo, da carga libertaria e emancipatoria do surrealismo.A partir de certo momento, o surrealismo encóntrase co marxismo. Para Michael L"wy, membro do Grupo de París do movemento surrealista desde 1975, o punto de encontro entre surrealismo e marxismo non é a certeza da vitoria, nin a crenza nunha teoría do progreso máis ou menos lineal. O encontro entre surrealismo e marxismo é o "pesimismo revolucionario".Mediante unha serie de traballos dedicados tanto a figuras do surrealismo (André Breton, Vicent Bounoure, etc.) como a pensadores que se sentiron fascinados ou incluídos polo surrealismo (Walter Benjamin, Guy Debord, Pierre Naville...), L"wy suxire os ligames de afinidade electiva que se poden estabelecer entre o surrealismo e outras expresións do pensamento contemporáneo.Este libro, que é un acto de protesta contra aqueles que dan por morto o surrealismo, acha novos camiños para que este, na esteira do romanticismo negro, continúe a trazar novos camiños no terreo.
Ver más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Löwy, Michael
- ISBN13 9788484870708
- ISBN10 8484870707
- Páginas 133
- Año de Edición 2005
- Idioma Gallego
A estrella da mañá
- Michael Löwy
- Editorial LAIOVENTO
- ISBN 9788484870708
8,55€
9,00€
-5%
Consulta disponibilidad
8,55€
9,00€
-5%
Consulta disponibilidad
Nuestras libreras pueden consultar su disponibilidad y darte un estimado de cuándo estaría listo.
¡Gracias por comprar en librerías reales!