Detalles del libro
Ela abriuno a el ó mundo. E el mantivo o mundo dela a salvo.
Perú, 1986. Cando Laila ingresa na clínica neurolóxica de Lima non pasa desapercibida: a filla dun diplomático finlandés e o seu cabelo moi louro intrigan os xoves pacientes do Departamento de Pediatría. Especialmente El Rato, o rapaz coa lingua máis longa que Laila coñeceu. Os dous atopan accidentalmente un estraño diario, escrito en 1941 por un tal doutor Clarke, e quedan fascinados polo debuxo dunha flor rara utilizada polos xamáns da tribo de K., que segundo as notas de Clarke ten un gran poder curativo.
Xusto nese momento chega o diagnóstico para Laila: os médicos por fin conseguiron darlle un nome á súa enfermidade, un nome que non deixa esperanzas.
Ou talvez si. Aínda hai unha cousa que os dous amigos poden facer xuntos: encontrar a Flor Perdida que quizais poida curar a Laila. E cambiar o destino de ambos. Comeza así unha longa e inesperada viaxe que os levará dende os Andes ata a selva amazónica, desafiando terroristas, narcotraficantes e unha natureza maxestosa e terrible.
- Autor/es Morosinotto, Davide
- ISBN13 9788416884742
- ISBN10 8416884749
- Páginas 448
- Año de Edición 2023
A FLOR PERDIDA DO XAMAN DE K
- Davide Morosinotto
- Editorial SUSHI BOOKS
- ISBN 9788416884742
¡Disponible! Recíbelo en 24/48h
Gratis en España peninsular
Recogida en librería
Gratis
¡Disponible! Cómpralo ahora y recógelo mañana.