Detalles del libro
O mundo en xeral, e a sociedade galega en particular, está a experimentar profundos cambios asociados con procesos de dixitalización que afectan as organizacións e a nosa vida cotiá: os grandes riscos e as crises globais e, en concreto, o cambio climático e a transición ecolóxica que cambian os nosos océanos, os nosos montes, a nosa forma de consumir, o envellecemento da poboación que afecta a vida activa e o xeito de nos relacionar e de organizar as familias, o abandono do rural e a ordenación dos espazos que fan necesario mudar a estrutura tradicional de municipios e provincias por outras máis axeitadas, a posmodernidade e a forma de ordenar o traballo e o lecer.Tamén está aí o xurdimento de novas desigualdades e a exclusión social, a loita pola igualdade de xénero, a globalización e o xeito de influenciar na economía, na política e na cultura, a gobernanza da sociedade a nivel micro nos pequenos ambientes e a nivel macro como o caso da Unión Europea, en que Galicia debe estar atenta a participar nas problemáticas que nos atinxen.Ao longo dos diferentes capítulos o lector pode descubrir como están condicionando estas cuestións o territorio de Galicia, a súa natureza e os montes, a pesca, os mares, o turismo, o lecer e o xeito de nos divertir, o mercado laboral, a educación, a poboación e a despoboación, a riqueza e a pobreza, a saúde mental, as migracións, a reconfiguración urbana, os incendios e mesmo a nosa lingua da man de 34 autores e autoras de recoñecido prestixio que fan unha análise precisa e con proxección de futuro.
Ver más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Álvarez Sousa, Anton
- ISBN13 9788411105385
- ISBN10 8411105385
- Páginas 336
- Año de Edición 2024
A GALICIA DO SECULO XXI
- Anton Álvarez Sousa
- Editorial XERAIS
- ISBN 9788411105385
21,80€
22,95€
-5%
Envío Gratis
Disponible
21,80€
22,95€
-5%
Envío Gratis
Disponible
¡Disponible! Recíbelo en 24/48h
Gratis en España peninsular
Recogida en librería
Gratis
¡Disponible! Cómpralo ahora y recógelo mañana.
¡Gracias por comprar en librerías reales!