Detalles del libro
Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe: vía arbustos, años e cabras, pero non podía ver a súa nai. A Karim fíxoselle un nó na gorxa, e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes. Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver.A historia trasládanos a facilidade coa que un neno pode perderse apenas se separa da man dos pais. Noutros casos, o pequeno atopa territorio hostil ou tenebroso, aquí , a nai natureza protexe e coida a Karim como un máis dos seus fillos.Régine Raymond-García escribiu esta historia ao volver dunha viaxe a Burkina Faso, fascinada pola consideración dos seus habitantes pola árbore vermella e polo baobab, pola súa alegría de vivir a pesar das dificultades, e por sacar proveito da natureza dun modo intelixente?.Pero este conto non se centra só no amparo que a natureza-nai ofrece ao home, tamén avisa da necesaria reciprocidade por parte do ser humano, que debe exercer a mesma protección e respecto sobre o ecosistema, para garantir a súa sustentabilidade.Para a ilustradora, Vanina Starkoff, foi tamén como facer unha viaxe por Burkina Faso, as súas imaxes e a súa música, para mergullarse ?nesas marabillosas terras africanas?, traballando cunha paleta de cores ?saturadas, brillantes e alegres?, acrílicos sobre papel, con algunhas texturase os debuxos dixitais, segundo o estado de ánimo e as emocións polas que atravesaba Karim:amarelo e vermello para escenas onde se sente protexido, turquesas cando se sente perdido.
Ver más - Autor/es Raymond-garcía, Régine
- ISBN13 9788498717310
- ISBN10 8498717310
- Páginas 36
- Año de Edición 2023
ARBORES NO CAMIÑO
- Régine Raymond-garcía
- Editorial OQO
- ISBN 9788498717310
14,15€
14,90€
-5%
Disponible
14,15€
14,90€
-5%
Disponible
¡Disponible! Recíbelo en 24/48h
Gratis a partir de 18 €
en España peninsular
Recogida en librería
Gratis
¡Disponible! Cómpralo ahora y recógelo mañana.
¡Gracias por comprar en librerías reales!