Detalles del libro
Esta nova edición e tradución das Cartas de Galiza actualiza e anota as oito crónicas que Prosper-Henri Devos publicou no xornal L'Etoile Belge entre setembro e outubro de 1912, un documento histórico e literario de valor incalculábel. Case perdidas para o lectores e investigadores galegos e portugueses, hoxe é preciso recuperalas como memoria individual dun escritor novo, ávido de novas experiencias, que simpatizou coas xentes máis humildes, e como memoria colectiva da Galiza.En Cartas de Galiza, o escritor aventúrase nunha busca do eu interior, do espazo alleo e da Historia. Fuxida constante cara ao pasado, evasión permanente do escritor cara ao imaxinario fronte a unha realidade, a da súa propia vida, que o afoga e o mutila, as Cartas atrapan ao escritor belga noutro espazo-tempo á marxe da modernidade e da civilización europea. Cartas de Galiza é unha viaxe obrigada polas principais cidades galegas, pola súa arquitectura e as súas xentes. Na procura de si mesmo, Prosper-Henri Devos atopa unha realidade que o apreixa e o transcende e lígase de amizade cos cenáculos literarios ourensáns, facendo dos escritores galegos un exemplo de cosmopolitismo e de abertura cultural.
Ver más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Devos, Prosper / Pirenne, Henri
- ISBN13 9788484876151
- ISBN10 8484876152
- Páginas 100
- Colección ENSAIO
- Idioma Gallego
Cartas de Galiza
- Prosper Devos , Henri Pirenne
- Editorial LAIOVENTO
- ISBN 9788484876151
12,30€
12,95€
-5%
Consulta disponibilidad
12,30€
12,95€
-5%
Consulta disponibilidad
Nuestras libreras pueden consultar su disponibilidad y darte un estimado de cuándo estaría listo.
¡Gracias por comprar en librerías reales!