Detalles del libro
Unha emotiva historia de familia, convivencia e solidariedade. Un breve relato cheo amor e sabedoría sobre a xustiza, o sentido da vida e a morte desde os ollos da infancia.
Charlotte, co seu case sete anos, empeza a escribir as súas memorias. Encántalle cambiar de nome, abrazar ao seu irmán, liberar grilos ou inventar palabras. O seu pai traballaba deseñando motores para avións, aínda que agora recolle chatarra. A súa casa parécelle un cámping con colchóns, montañas de roupa e xoguetes por todas partes. Cando a súa nai enferma, Charlotte adopta o nome de Payasa e proponse coidar aos seus pais. Máis tarde, disposta a modificar o rumbo dos acontecementos, chamarase Meiga. E aínda que as magas non sempre poden cambiar as cousas, polo menos poden pedir desexos.
Como fotografías dun álbum familiar, as ilustracións de Clara Encinas achegan os protagonistas da historia aos lectores e lectores revelando detalles significativos das súas vidas cotiás.
- Encuadernación Tapa dura
- Autor/es VERCHER, CONSUELO
- ISBN13 9788413432724
- ISBN10 8413432723
- Páginas 56
- Año de Edición 2024
CHARLOTTE
- CONSUELO VERCHER
- Editorial KALANDRAKA
- ISBN 9788413432724