Detalles del libro
Na década de 60 do séc. XVIII, os ilustrados partillaban o mundo que lles tocaba vivir con fanáticos que non dubidaban en matar os seus semellantes por causa de crenzas dogmáticas. Ante estes crimes, no momento en que se estaba a operar un reequilibrio entre as forzas relixiosas, despois de a Enciclopedia ser condenada e os filósofos atacados de forma virulenta, Voltaire desenvolveu un labor publicístico, no marco do que cualificou como a "guerra contra o infame". O Exame importante de lord Bolingbroke ou a Tumba do fanatismo, con esa súa feroz análise do que é o cristianismo e as súas fontes textuais, análise que aínda hoxe a algunhas mentes lles pode parecer blasfema, pretendeu ser unha intervención decidida e directa contra os crimes causados polas doutrinas, a reivindicación de que tamén a relixión debe ser analisada baixo unha ollada crítica, a defensa dunha concepción da historia que non pode ser explicada pola vontade divina ou a providencia, máis outro exemplo da loita que o espírito científico racionalista mantén coa relixión por liberarse da súa tutela e censura.En definitiva, o Exame importante de lord Bolingbroke ou a Tumba do fanatismo quixo ser un contributo a un mellor coñecemento dunha divindade que non debe ser causa de crimes, e un chamamento á tolerancia entre as persoas
Ver más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Voltaire Theodore Besterman
- ISBN13 9788484870715
- ISBN10 8484870715
- Páginas 155
- Colección ENSAIO
- Año de Edición 2005
- Idioma Gallego
Exame importante de Lord Bolingbroke ou A tumba do fanatismo
- Voltaire Theodore Besterman
- Editorial LAIOVENTO
- ISBN 9788484870715
10,45€
11,00€
-5%
Consulta disponibilidad
10,45€
11,00€
-5%
Consulta disponibilidad
Nuestras libreras pueden consultar su disponibilidad y darte un estimado de cuándo estaría listo.
¡Gracias por comprar en librerías reales!