Detalles del libro
Rosalía de Castro (1837-1885) é considerada como a escritora nacional de Galicia e a publicación de «Cantares gallegos» (1863) tense como o inicio do denominado Rexurdimento. Filla da fidalguía rural galega, na vida de Rosalía considéranse decisivos para a súa formación intelectual o paso polo Liceo de la Juventud en Compostela e a posterior experiencia madrileña. Foi en Madrid onde publi-cou a súa primeira obra («La Flor», 1857) e onde coñeceu e casou con Manuel Murguía (1858). A súa vida a partir de aquí coñeceu unha grande itinerancia e unha intensa dedicación á escrita. En prosa e en verso, en galego e castelán, a obra de Rosalía de Castro ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX. Os seus manifestos feministas («Lieders» e «Las literatas»), o seu avanzado pensamento político e social («Follas novas», «El caballero de las botas azules») ou a súa decidida posición crítica como intelectual convértena nunha figura literaria que concita sempre un renovado e múltiple interese. Caracterizada por unha persoal retórica e unha orixinal estratexia en que se modernizan os pactos co lector, tanto os do romanticismo coma os do realismo, a padronesa afondou como poucos nalgúns dos conflitos dialécticos da súa época e nas profundidades abisais da subxectividade do eu, como proban «Follas novas» e «En las orillas del Sar». Fiel á súa Terra de Iria, a pesar de tanto vagar, pasou nela os seus derradeiros anos de vida e nela compuxo esta última obra, capital na súa produción. Enterrada no cemiterio da Adina en Iria, os seus restos foron trasladados a San Domingos de Bonaval, no que hoxe é o Panteón de Galegos Ilustres.Marina Mayoral nacida en Mondoñedo, é profesora de literatura española na Universidade Complutense de Madrid. Entre os seus traballos de investigación e crítica literaria destacan os estudios sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, así como as análises de poesía e prosa contemporánea. Colabora habitualmente en La Voz de Galicia. Publicou en galego os libros de narrativa: Contra morte e amor (Xerais 1987), novela; Unha árbore, un adeus (1988), novela; O reloxio da torre (1988), novela; Chamábase Luís (Xerais 1989, 1999), novela, Premio Losada Diéguez, 1989; Tristes armas (Xerais 1994), novela, Querida amiga (1995, relatos, Premio Losada Diéguez, 1996), Ao pé do magnolio (2004) Case perfecto (Xerais 2007), novela e Quen matou a Inmaculada de Silva? (Xerais 2009), novela. En castelán Cándida, otra vez (1979), Al otro lado (1980), La única libertad (1982, 2002), Contra muerte y amor (1985), Morir en sus brazos (1989), Recóndita Armonía (1994), Se llamaba Luis (1995), Dar la vida y el alma (1996), Recuerda cuerpo (1998), La sombra del ángel (2000), Tristes armas (2001), Querida amiga (2001), Bajo el magnolio (2004), Sólo pienso en ti (2006) e Casi perfecto (2007).Blanca-Ana Roig Rechou é profesora de Literatura Galega e Literatura Infantil e Xuvenil nas Facultades de Filoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, onde coordina o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» (GI-1839). Investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, directora neste centro dos proxectos «Informes de literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil», e colaboradora dos proxectos «Dicionarios de Literatura». Investigadora principal da Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI). Presidenta da Asociación Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Membro da Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ) e de ELOS-Galicia. Autora de monografías e diferentes traballos sobre Literatura galega e Literatura Infantil e Xuvenil. webspersoais.usc.es/persoais/blanca.roig/
- Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Mayoral, Marina / Roig Rechou, Blanca-Ana
- ISBN13 9788491214885
- ISBN10 8491214887
- Páginas 400
- Año de Edición 2020
- Idioma Gallego
- Audiencia General / "Trade"
Follas novas (Gallec)
- Marina Mayoral , Blanca-Ana Roig Rechou
- Editorial XERAIS
- ISBN 9788491214885
¡Disponible! Recíbelo en 24/48h
Gratis a partir de 18 €
en España peninsular
Recogida en librería
Gratis
¡Disponible! Cómpralo ahora y recógelo mañana.