Detalles del libro
A tráxica historia de Hamlet, príncipe de Dinamarca, de William Shakespeare, é unha obra profunda, complexa e enigmática que transcende os límites da traxedia de vinganza. O seu protagonista ten sobre a súa conciencia a dura tarefa de vingar o aleivoso asasinato de seu pai perpetrado polo seu propio irmán, Clodio, para arrebatarlle a coroa e a esposa, pero para iso el mesmo debe converterse en asasino. Antes de consumar a vinganza, que inevitablemente acabará en catástrofe, Hamlet será responsable, directa ou indirectamente, doutras mortes. É unha traxedia de dimensións e resonancias universais. Pode non ser a obra máis perfecta de Shakespeare, pero si a máis estudada e traducida, a máis representada e filmada e , sen ningunha dúbida, a máis popular. Tanto a obra como o seu protagonista foron (e seguen sendo) analizados desde todos os puntos de vista posibles: estético, ético, filosófico, psicoanalítico, político, feminista... Hamlet é a obra dramática máis influente da cultura occidental e a máis citada, e o seu protagonista segue a ser contemporáneo noso, igual que o foi para xeracións de séculos anteriores. A profundidade da obra, a súa complexidade e ambigüidade fan que non poidamos conseguir nunca un Hamlet definitivo. É e seguirá sendo sempre unha obra aberta, susceptible de múltiples lecturas.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es OLIVIER PY ET WILLIAM SHAKESPEARE
- ISBN13 9788484876274
- ISBN10 8484876276
- Páginas 208
- Año de Edición 2023
Reseñas y valoraciones
HAMLET
- De
- OLIVIER PY ET WILLIAM SHAKESPEARE
- |
- LAIOVENTO (2023)
- 9788484876274



