Detalles del libro
A especial condición do galego como lingua romance que, por unha parte, xerou o portugués, prolongación cara ao sur de si mesmo e logo estendido por varios continentes, e que, por outra, ficou subordinado no seu propio territorio ao castelán como lingua dun poder político invasor, provocou unha singular relación con estas dúas linguas, a se debater aínda hoxe entre a reintegración no seu tronco histórico ou a progresiva dependencia do idioma oficial do Estado. Atrapado, pois, entre o castelá, e o portugués, mais fundamentalmente debido á presión do primeiro, o galego acha grandes dificultades para recuperar a súa condición de lingua normal da Galiza que mantivo durante a época medieval, partillando agora o seu futuro incerto con outras linguas peninsulares e europeas que se caracterizan tamén por non posuíren un aparello de Estado propio.As relacións entre o galego e o portugués, o castelán e as linguas minorizadas do Estado e de Europa son obxecto de reflexión e análise nesta obra, que tamén presta atención á cuestión da norma, importante para marcar o grao de relación coas linguas próximas.Na procura da súa afirmación como lingua nacional da Galiza, o galego tamén foi obxecto de reivindicación, defensa e coidada elaboración literaria por parte das nosas escritoras e escritores, algúns dos cales se tratan aquí como mostra dese longo proceso de (re)construción da identidade nacional galega coa lingua por símbolo máis representativo.
Ver más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Freixeiro Mato, Xosé Ramón
- ISBN13 9788484871057
- ISBN10 8484871053
- Páginas 271
- Colección ENSAIO
- Año de Edición 2007
- Idioma Gallego
Lingua, nación e identidade
- Xosé Ramón Freixeiro Mato
- Editorial LAIOVENTO
- ISBN 9788484871057
15,20€
16,00€
-5%
Consulta disponibilidad
15,20€
16,00€
-5%
Consulta disponibilidad
Nuestras libreras pueden consultar su disponibilidad y darte un estimado de cuándo estaría listo.
¡Gracias por comprar en librerías reales!