Detalles del libro
"Nacer" é o segundo volume da colección Animais Extraordinarios. Neste libro descríbese a forma asombrosa en que se reproducen e coidan as súas crías doce especies de animais. No volume anterior, "Bocas", explícase con detalle e rigor o modo peculiar no que algunhas especies obteñen o seu alimento.Noutros libros desta colección mostraranse as construcións máis sofisticadas do reino animal, as migracións máis espectaculares e as insólitas estratexias que algúns seres vivos utilizan para pasaren desapercibidos..
Un libro instrutivo, ameno, ben estruturado e de gran atractivo visual, que comenza situando o lector ante os diversos grupos de reino animal, con exemplos de cada un. Por terra, mar e aire, de norte a sur, por todos os continentes, selecciona unha serie de animais e ofrece de cada un un volume de información ben dosificadaa sobre as súas características, localización e costumes, centrándose na súa forma de chegar ao mundo, isto é, de nacer.
- Encuadernación Tapa dura
- Autor/es Fernández, Nicolás / Gutiérrez, Xulio
- ISBN13 9788496388277
- ISBN10 8496388271
- Páginas 32
- Colección CONOCIMIENTO #
- Año de Edición 2009
- Idioma Castellano
Nacer. Animales extraordinarios (Animales extraordinarios; 2)
- Nicolás Fernández , Xulio Gutiérrez
- Editorial KALANDRAKA
- ISBN 9788496388277