Detalles del libro
A quen non lle pasou que o que promete ser un día perfecto acaba por se tornar nun pesadelo? Isto precisamente é o que lle acontece a Kaarna, director da área de urbanismo de Marrasvirta. Precisamente o día da festa grande da súa vila, cando vai pronunciar un discurso ante toda a veciñanza, é o que escolle a súa nai para morrer. A partir de aí, todo se vai enleando até o punto de se ter que enfrontar cun pasado que se cadra non é o que el cría, na persecución dunha morta en vida e nunha estraña intriga relacionada coa espionaxe da Guerra Fría. Jääskeläinen vai debullando coa súa narrativa áxil e cinematográfica unha serie de acontecementos que se moven na fronteira do real e do imaxinario até chegar a un clímax que a ninguén pode deixar indiferente.
Pasi Ilmari Jääskeläinen (Juväskylä, 1966) é unha das grandes figuras da narrativa fantástica finlandesa. Como el mesmo di, o feito de criarse a carón do cemiterio da súa vila levouno a ter soños vampíricos e aí comezou a súa teima co alén e as fronteiras entre o real e o fantástico, temas moi presentes na súa obra. Dentro da súa produción, que comprende tanto relatos como novelas, destacan os títulos Lumikko ja yhdeksän muuta (2006) e Harjukaupungin salakäytävät (2010), traducidas xa a varias linguas. Asemade, recibiu algúns dos premios máis prestixiosos da literatura fantástica finlandesa.
- Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Jääskeläinen, Pasi Ilmari
- ISBN13 9788412037043
- ISBN10 8412037049
- Páginas 320
- Colección COLECCION XERAL #
- Año de Edición 2019
- Idioma Gallego
O Día Do Falso Gato
- Pasi Ilmari Jääskeläinen
- Editorial ESPLANADI
- ISBN 9788412037043