Detalles del libro
Xeralmente, a primeira reacción do lector contemporáneo, ?liberal? e ilustrado, ao Manifesto do partido comunista é consideralo sinxela e totalmente falso desde un punto de vista empírico, tanto en relación ao cadro que pinta da situación social, como á perspectiva revolucionaria que defende e propaga. Pero canto máis domina o discurso da ?mundialización?, non sendo esta outra cousa que a brutal imposición dun mercado mundial unificado que ameaza todas as tradicións culturais, incluída tamén a forma mesma do Estado-nación, a descrición que atopamos no Manifesto comunista sobre o papel social da burguesía semella máis verdadeira que nunca. E máis viva quizais que nunca porque a situación que describe elevouse hoxe en día a un estado de tensión insoportábel.A súa lección actual é ante todo que a alternativa entre mundialización liberal e repregamento extremista é un falso dilema. Por un lado, a esperanza de que se poden resolver os antagonismos sociais mediante unha fase de desenvolvemento máis avanzado da economía capitalista e do seu equivalente político, a democracia liberal multiculturalista, é falso. Por outro, calquera retorno aos valores tradicionais (desde o fundamentalismo católico ou musulmán até a sabedoría oriental) está abocado ao fracaso, non só a causa da impotencia deses retornos fronte á voracidade do capital, senón tamén porque as tentativas que pretenden reafirmar reforzan as novas formas do capitalismo.Introdución e tradución do francés: Francisco Sampedro.
Ver más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Zizek, Slavoj
- ISBN13 9788484870463
- ISBN10 8484870464
- Páginas 113
- Colección ENSAIO
- Año de Edición 2004
- Idioma Gallego
O espectro segue a roldar
- Slavoj Zizek
- Editorial LAIOVENTO
- ISBN 9788484870463
9,02€
9,50€
-5%
Consulta disponibilidad
9,02€
9,50€
-5%
Consulta disponibilidad
Nuestras libreras pueden consultar su disponibilidad y darte un estimado de cuándo estaría listo.
¡Gracias por comprar en librerías reales!