Detalles del libro
Se este exemplar fose dar a mans de imbéciles e escuros o monstro Horace Tograth, antagonista brutal do primeiro relato dos 16 deste volume, podería rexurdir para facer da escrita unha acción delitiva e da leitura un feito pecaminoso. Tograth había provocar, máis de oitenta anos despois, unha revolta debida nesta ocasión á gracia administrativa que posibilita a presente publicación.Até agora, os leitores que se achegaron a este texto ficaron ben lonxe desa tentación e o balanzo do seu interese é máis ben positivo. A Walter Benjamin serviulle para reflexionar e viu nel unha premonición do que o capitalismo acabou por facer da figura do escritor, e André Bretón, bon coñecedor da obra, chegou a dicir mesmo que os mozos que non coñeceran Apollinaire habían exclamar: ?chegamos demasiado tarde?. Estas e outras moitas constitúen razóns suficientes para pretender Laiovento, con O Poeta Asasinado, que todos aqueles que non saben aínda deste escritor francés poidan recoñecer a exclamación como propia, mais co consolo de diciren que tarde si, mais chegaron.Tradución do francés de Alberte Allegue Leira.Ilustración da capa: X.M. Tomé.
Ver más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Apollinaire, Guillaume
- ISBN13 9788489896550
- ISBN10 8489896550
- Páginas 166
- Colección NARRATIVA
- Año de Edición 1999
- Idioma Gallego
O poeta asasinado
- Guillaume Apollinaire
- ISBN 9788489896550
10,07€
10,60€
-5%
Consulta disponibilidad
10,07€
10,60€
-5%
Consulta disponibilidad
Nuestras libreras pueden consultar su disponibilidad y darte un estimado de cuándo estaría listo.
¡Gracias por comprar en librerías reales!