Detalles del libro
As humildes trazas dos camiños, comunicando a montaña e o mar, ao longo da historia da Galiza, vertebraron a cultura de noso, e a xeografía de parte da Europa. Trouxo a camiñantes coa súa cultura e a súa visión do mundo e levou de retorno á súa terra, a ollada marabillada polas imaxes do sagrado, dunha terra e dun pobo cunha cultura milenaria. Este longo poema que percorre os sete camiños (6+1) foi escrito paralelamente aos traballos do autor na protección do patrimonio cultural galego. Coa delimitación das súas trazas, o poeta inicia a súa escrita, constatando que somos un dos pobos que máis humanizou a natureza, nun titánico traballo de séculos, sedimentando o ser que nos constitúe, dando nomes a lugares que significan é son o noso ADN, e que neste poemario, que obtivo o XX Premio Esquío de Poesía en Lingua Galega, foron habitados da poesía. Ao ollar cara atrás vemos os camiños submersos na banalización do seu significado cultural.Hoxe, ollamos como a nosa terra segue a se desangrar nunha silente extenuación que destrúe o noso patrimonio cultural. Se permitimos a deshumanización da nosa terra desaparecerá aquilo que anainou a nosa identidade.Este proceso invisible de aculturación, alén do espolio económico, fainos parte dun proceso de destrución do patrimonio natural, con minas que arrincan a dourada entraña, envelenando as augas até nos converter nunha estéril terra morta.
Ver más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Sánchez Iglesias, Cesáreo
- ISBN13 9788484877059
- ISBN10 8484877051
- Páginas 218
- Año de Edición 2000
O RUMOR DO DISTANTE
- Cesáreo Sánchez Iglesias
- Editorial LAIOVENTO
- ISBN 9788484877059
18,95€
19,95€
-5%
Envío Gratis
Consulta disponibilidad
18,95€
19,95€
-5%
Envío Gratis
Consulta disponibilidad
Nuestras libreras pueden consultar su disponibilidad y darte un estimado de cuándo estaría listo.
¡Gracias por comprar en librerías reales!