Detalles del libro
Até a aparición dos apuntamentos e notas que Antonio Gramsci escribiu nos cárceres fascistas, o estudo dos intelectuais tanto no movemento obreiro en xeral como no pensamento marxista en particular, non pasaba de ser unha achega a-histórica e superficial. Gramsci, nos seus apuntamentos dedicados aos intelectuais e á historia dos intelectuais, recollidos postumamente baixo o título de Os intelectuais e a organización da cultura, inscribe a estes no lugar que lles corresponde no complexo mundo da división social do traballo ou, se se prefire, no mundo da produción.Ao inscribir o intelectual no mundo da produción, Gramsci rehabilítao e dá a entender que a noción xeral do intelectual só pode ser funcional: todos os homes son intelectuais aínda que non realicen na sociedade a función de intelectuais.Esta concepción provoca a xeneralización do termo, de aí que o pensador italiano propoña unha división do intelectual en graos: do alto intelectual (os creadores das diversas ciencias, da filosofía, da arte, etc., é dicir, os creadores da ideoloxía dominante) aos pequenos intelectuais ou intelectuais subalternos: os ?administradores? máis humildes, os divulgadores da riqueza intelectual xa existente, tradicional, acumulada, coa engádega de toda unha capa intermedia de intelectuais que aínda sendo cualificados de improdutivos, aproveitan a súa posición privilexiada para facerse asignar unha parte enorme da renda nacional. Todo este amplo grupo conformaría os ?transmisores? da ideoloxía dominante.
Ver más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Gramsci, Antonio
- ISBN13 9788484872009
- ISBN10 8484872009
- Páginas 263
- Año de Edición 2015
- Idioma Gallego
OS INTELECTUAIS E A ORGANIZACION DA CULTURA
- Antonio Gramsci
- Editorial LAIOVENTO
- ISBN 9788484872009
16,15€
17,00€
-5%
Consulta disponibilidad
16,15€
17,00€
-5%
Consulta disponibilidad
Nuestras libreras pueden consultar su disponibilidad y darte un estimado de cuándo estaría listo.
¡Gracias por comprar en librerías reales!