Detalles del libro
Un conto inspirado nas antigas ensinanzas hindús para reflexionar e para sabelo todoásobre os tigres de Bengala.
Un vello erudito que vive rodeado de libros nos que aprendeu todo o que sabe do mundoádecide investigar o único animal do que non ten coñecemento ningún: o tigre de Bengala.áTras mergullarse nunha extensa lectura de todas as guías dedicadas a estas criaturas,embárcase nunha expedición científica cara á India e, en compañía dun guía local,áintérnase na selva para encontrar un exemplar de Panthera tigris. Avanza entre a malezaáinterpretando pegadas e sinais e impoñendo o seu coñecemento lido nos libros ás advertenciasdo seu acompañante, que coñece a selva como a palma da man. É suficiente todo eseácoñecemento teórico para ser un verdadeiro especialista? No encontro cara a cara coaábesta descubrirá a resposta.
Este álbum con estrutura narrativa de conto, inspirado nas ensinanzas do mestre bengalíácontemporáneo Swami Prajnanpad, fálanos do valor da experiencia como fonte deácoñecemento. Faino a través dun relato que destila unha fina ironía e un gran sentido do humor, ao mesmo tempo que informa con gran rigor sobre os tigres de Bengala. As ilustracións combinan láminas de carácter científico en branco e negro ao estilo dos gravados de época decimonónica con outras nas que se van revelando lentamente as cores da xungla: as follas verdes, ocres, marróns e finalmente un tigre laranxa tanáimpactante como a impresión que ten o protagonista no seu encontro co felino.
- Encuadernación Tapa dura
- Autor/es SYLVAIN ALZIAL
- ISBN13 9788419213532
- ISBN10 8419213535
- Páginas 32
- Año de Edición 2024
PANTHERA TIGRIS
- SYLVAIN ALZIAL
- Editorial FAKTORIA K DE LIBROS
- ISBN 9788419213532
¡Disponible! Recíbelo en 24/48h
Gratis a partir de 18 €
en España peninsular
Recogida en librería
Gratis
¡Disponible! Cómpralo ahora y recógelo mañana.