Detalles del libro
Unha nova edición dunha das obras máis comprometidas e feministasáda autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.á
No ano 2001, o barrio coruñés do Papagaio, espazo tradicionalmenteádedicado á prostitución, foi derrubado vítima da especulación inmobiliaria.áDurante o proceso de demolición, a fotógrafa Maribel Longueira captou coa súa cámara as máquinas, as paredes dos edificios e os cascallos,áasí como algúns obxectos, testemuñas do que aquelas vivendas acolleranádurante anos.
Convidada por Maribel, a escritora Luísa Villalta puxo voz a estas imaxesácon 19 poemas. Neles móstrase reivindicativa, directa, rotunda e aomesmo tempo solidaria ao proxectar unha ollada que deixa en evidenciaáa violencia patriarcal e o estigma sufrido polas mulleres que exercen aprostitución. A hipocrisía, o oprobio, o abuso, a deshumanización ou oáanticlericalismo son outros temas presentes nesta obra escrita poucotempo antes do inesperado falecemento da autora, que se converteuánunha sorte de testamento literario que revela a singularidade dunpulso poético único, dunha ollada crítica e reivindicativa moldeadaápola autoesixencia que sempre se impuxo como creadora.
- Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Villalta, Luisa
- ISBN13 9788413433134
- ISBN10 8413433134
- Páginas 112
- Año de Edición 2024
PAPAGAIO
- Luisa Villalta
- Editorial KALANDRAKA
- ISBN 9788413433134
¡Disponible! Recíbelo en 24/48h
Gratis en España peninsular
Recogida en librería
Gratis
¡Disponible! Cómpralo ahora y recógelo mañana.