¡No te lo pierdas! Envío gratis en pedidos de + 18€
Día Mundial de las escritoras: ¡va por ellas! Aún a día de hoy son una minoría, también en la literatura. Léelas, ámalas, compártelas. #Yoleoautoras
Día Mundial de las escritoras: ¡va por ellas! Aún a día de hoy son una minoría, también en la literatura. Léelas, ámalas, compártelas. #Yoleoautoras
Pequena mitoloxía de Galicia

Detalles del libro

Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos non está moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre os raios de sol que perforan a néboa; un mundo encantado que se sitúa no afastado horizonte, alí onde apousa o arco da vella os seus beizos e bebe as augas dos ríos, cando chove e vai sol e o demo vai para o Ferrol cargadiño de alfinetes; que se insinúa na espesura dunha fraga, entre vellos carballos, á sombra dos que durmiña un xastre coxo e nugallán, que en sete parroquias non cose para ninguén e non dá tres pases e vano levar os demos; ou nas noites de San Xoán, á escasa luz das fogueiras, cando saltamos o lume novo e imos recoller o sabugueiro? Os autores deste volume, o mesmo equipo que publicara o Diccionario dos seres míticos galegos, diríxense agora ao público infantil e xuvenil co obxectivo de que os rapaces e rapazas aprendan a tratar cos mouros, cos ananos, con esoutra xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras. Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda volven a facer o esforzo de presentar o saber tradicional do pobo, os ósos dos defuntos (a quen hai que escoitar con grande atención), que agardan polos nosos, os cantos dos paxaros, as antigas receitas e os compoñentes novos, o fiúncho e a menta, a ruda e a herba de namorar, que só medra nos confíns occidentais do mundo, onda nós. Esta Pequena Mitoloxía de Galicia, libro singular, mesmo no seu formato e encadernación en cartoné, foi ilustrado por catro dos nosos mellores ilustradores Irene Fra, Fino Lorenzo, Enjamio e Teresa Novoa. Catro miradas diferentes, catro estilos para desenvolver un mesmo proxecto: o de devolvernos o rostro descoñecido de trasnos, diaños, tardos e outros seres da mitoloxía galega.
Ver más

  • Autor/es Miranda, A.
  • ISBN13 9788483027059
  • ISBN10 8483027054
Ver más

Pequena mitoloxía de Galicia

Pequena mitoloxía de Galicia
29,21€ 30,75€ -5%
Envío Gratis
Consulta disponibilidad
29,21€ 30,75€ -5%
Envío Gratis
Consulta disponibilidad

Nuestras libreras pueden consultar su disponibilidad y darte un estimado de cuándo estaría listo.

Devolución gratis
¡Gracias por comprar en librerías reales!
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay

Promocionales exclusivas, descuentos y novedades en nuestra newsletter

Habla con tu librera
¿Necesitas ayuda para encontrar un libro?
¿Quieres una recomendación personal?

Whatsapp