Detalles del libro
Cereixa. 24 de decembro do ano 1431, noite de Nadal e tamén, daquela, de fin de ano. Un frade negro avanza, baixo unha forte treboada, cara a casa que lle fora arrebatada á súa familia, corenta e cinco anos atrás, polo bispo Pero Lopes de Aguiar. Pouco despois de ser acollido nela, chega un soldado. As súas olladas crúzanse. Xa se coñecen. Para que volveron tanto tempo despois? Estamos nos tempos de María Castaña. Entre o fin da Idade Media e o comezo da Idade Moderna. Nunha Galiza convulsa que non acaba de atopar o seu lugar no mundo, na que os nobres abusan do seu poder e son considerados polo pobo, canso e farto, auténticos malfeitores ocultos nos seus castelos.
- Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Castro Moure, Amador
- ISBN13 9788417393434
- ISBN10 8417393439
- Páginas 328
- Año de Edición 2018
- Idioma Gallego
Pillabán, pillabán!
- Amador Castro Moure
- Editorial EDICIÓNS DO PEIRAO
- ISBN 9788417393434