Detalles del libro
Realidades e horizontes da educación en Galiciaáquere ofrecer unha mirada panorámica sobre cuestións fundamentais do desenvolvemento educativo en Galicia. Cuestións abordadas, porén, con algunha profundidade e de xeito especializado.áQuere ser tamén unha homenaxe á traxectoria docente e investigadora do profesor Antón Costa Rico, quenáao longo de máis de catro décadas asumiu un relevante papel na docencia universitaria e na xestión institucional:áa presidencia de Nova Escola Galega (NEG), a dirección do Instituto de Ciencias da Educación da USC, o decanatoáda Facultade de Ciencias da Educación (USC), a presidencia da Sociedad Española de Historia de la Educación (SEDHE) ou,ámáis recentemente, a dirección da colección Biblioteca de Pedagoxía de Kalandraka Editora.
Sempre atento ás obrigas contraídas cos estudantes e colegas, estendeu o seu maxisterio a diferentes áreas,áentre as que cabe destacar a das políticas educativas, a metodoloxía historiográfica ou o coñecemento dos clásicosáe modernos do pensamento pedagóxico, contribuíndo a tecer redes que deron pulo á renovación educativa,áao coidado e protección do patrimonio educativo e ao cultivo da lingua galega.á
Neste libro-homenaxe proxéctanse os testemuños ?reconvertidos en temas, reflexións e propostas? dun amploáe diversificado conxunto de docentes, investigadores e especialistas con traxectorias diversas, representativasáde distintas sensibilidades e pareceres, que ?dun xeito ou doutro? mantiveron ou manteñen relacións de amizadeáe aprecio con Antón Costa.
- Autor/es Autores Varios
- ISBN13 9788413433257
- ISBN10 8413433258
- Año de Edición 2024
REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACION EN GALICIA
- Autores Varios
- Editorial KALANDRAKA
- ISBN 9788413433257
¡Disponible! Recíbelo en 24/48h
Gratis en España peninsular
Recogida en librería
Gratis
¡Disponible! Cómpralo ahora y recógelo mañana.