Detalles del libro
Este libro tamén o poderías titular Os catro malistrostras de Veleiquí. Porque a historia existe grazas a que os dous ministros e as dúas ministras deste país derrocaron o rei e a raíña e decretaron o seu desterro. Pero non contaban con que Sali, para ir en busca dos pais, acabou fugándose coa súa boa amiga Sanda. A medida que vaias lendo, poderás acompañalos na súa perigosa expedición, descubrir a maleta do señor Serán, falar con axentes secretos, esconderte dos xentecrontras, navegar nun barco de dornas, avanzar de noite cun fachón, darte de alta na Liga Veleiquiense de Sinonimia, asistir á Festa da Risa e, se lle pos imaxinación, aínda te poderás presentar nas próximas eleccións para rei ou raíña da terra que ten por bandeira unha flor de centáurea sobre campo verde.
Ver más - Autor/es BABARRO, XOAN
- ISBN13 9788412545227
- ISBN10 8412545222
- Páginas 106
- Año de Edición 2022
- Idioma Gallego
SALICE E SANDALA (Gallego)
- XOAN BABARRO
- ISBN 9788412545227
13,77€
14,50€
-5%
Disponible
13,77€
14,50€
-5%
Disponible
Envío a domicilio Gratis a partir de 18 €
Alibri Librería Gratis