Detalles del libro
Efi regresa á súa casa na aldea tras o curso escolar na cidade. Aos seus catorce anos, as vacacións e o reencontro coa familia e amigos énchena de felicidade. Porén, a realidade non tarda moito en golpeala con forza: alcanzou a idade núbil e os seus pais prometérona en matrimonio. Os soños de seguir estudando para converterse en enxeñeira e axudar a mellorar as condicións de vida da súa contorna esnaquízanse. Efi loitará por todos os medios para evitar ese destino cruel que a familia e a tradición trazaron para ela.
Unha historia chea de esperanza sobre unha terrible realidade que sofren cada ano doce millóns de nenas no mundo: o matrimonio infantil. A voz libre e progresista da protagonista elévase como unha denuncia, como unha chamada de atención para cambiar as cousas neste magoante pero esperanzador relato da colección Tiramillas para lectoras e lectores autónomos a partir de 12 anos.
- Encuadernación Tapa dura
- Autor/es Witek, Jo
- ISBN13 9788413432533
- ISBN10 8413432537
- Páginas 144
- Año de Edición 2023
TEÑO 14 ANOS E NON E UNHA BOA NOVA
- Jo Witek
- Editorial KALANDRAKA
- ISBN 9788413432533
Envío disponible - Recíbelo en 24/48h
Gratis a partir de 18 €
en España peninsular
Recogida en librería
Gratis
¡Disponible! Cómpralo ahora y recógelo el próximo lunes.