Detalles del libro
É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. De 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a Cantiga CIII de Afonso X, monografía exemplar no seu tempo dentro dos estudos de Literatura Comparada. Fóra do ámbito galego, é autor dun gran libro sobre Camões e de estudos valiosos sobre Cervantes, Góngora, Paul Claudel? Nesta Biografía intelectual non se elude a actitude, nos anos da Guerra Civil e seguintes, de quen foi dirixente do Partido Galeguista de 1931 a 1933, e de quen, xa fóra do Partido, vota SI no plebiscito de autonomía do 28 de xuño de 1936. Do que se trata é de «entender» o seu comportamento neses convulsos anos (e o doutros: Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro?). Desde 1942 ata a súa morte, Filgueira Valverde foi, ó seu xeito, «un obreiro da Causa galega», como diagnosticara Alexandre Bóveda en 1935. A inxente, valiosísima e polifacética bibliografía de Filgueira Valverde é un dos grandes capítulos da cultura galega da Galicia moderna e contemporánea.
Ver más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Alonso Montero, Xesús
- ISBN13 9788499148335
- ISBN10 8499148336
- Páginas 296
- Idioma Gallego
Xosé Filgueira Valverde
- Xesús Alonso Montero
- Editorial XERAIS
- ISBN 9788499148335
19,90€
20,95€
-5%
Envío Gratis
Consulta disponibilidad
19,90€
20,95€
-5%
Envío Gratis
Consulta disponibilidad
Nuestras libreras pueden consultar su disponibilidad y darte un estimado de cuándo estaría listo.
¡Gracias por comprar en librerías reales!